- ¿Que
temas debemos ter en conta se imos a utilizar o noso ordenador conectado a
Internet?
Debemos saber utilizalo (non empregar ferramentas que non coñezamos), coñecer as ferramentas de seguridade das
que dispoñemos (así saberemos se estamos protexidos fronte virus, spam e
páxinas de contido non desexado) e aplicar unha serie de normas básicas de
seguridade que rexen a nosa interacción con outros usuarios da rede.
- ¿En
qué consiste a seguridade informática?
Consiste en identificar que partes do sistema son vulnerables e establecer
medidas que minimicen o risco.
- ¿Qué precisamos
protexer no noso ordenador? Define e resume cada unha das ameazas e
ataques que pode sufrir o noso ordenador.
·
Malware (De malicious software) consiste nun software mal
intencionado que abarca varios softwares feitos con fins malvados: virus,
troianos, vermes, spyware...
·
Virus é un programa que se instala no ordenador sen o
permiso do usuario para causar danos, pode multiplicarse el só e infectar o
ordenador, tamén pode infectar outros ordenadores mediante USB, Internet... É a
ameaza máis coñecida e perigosa.
·
Troianos, son un tipo de virus que destrúen información almacenada
nos discos ou rouba información. O seu nome ten orixe no cabalo de Troia. Solen
estar ocultos en elementos como unha imaxe, un arquivo musical... O virus
actívase ao abrir ese elemento.
·
Verme, trátase dun programa que ten como finalidade
desbordar a memoria do sistema reproducíndose a si mesmo.
·
Spyware ou software espía, é un tipo de malware, aínda que non
todos os programas espía son mal intencionados, os mal intencionados son os troianos,
o adware e os hijackers e os que non teñen malas intencións son as cookies, os
ActiveX, os scripts e os applets de Java.
·
Cookies, son arquivos de texto que se almacenan no
ordenador a través do navegador cando nos introducimos nunha páxina web, para
que cando nos volvamos a meter nesa páxina poda ler eses arquivos, non son unha
ameaza mentres só pretendan facilitarnos o acceso a esa páxina. É habitual que
a segunda vez que entremos nunha páxina de venta on-line os nosos datos estean
gardados. Considérase un spyware non malicioso.
·
Adware, (De advertisement software), é un software de
publicidade, consiste en publicidade incluída en programas despois de ser
instalados. Algúns teñen licenza shareare o freeware e inclúen publicidade para
gañar diñeiro, desta forma se usuario quere unha versión sen publicidade pode pagar,
este tipo de publicidade non supón un perigo para o usuario pero o perigo ven
cando estes programas actúan como spyware e recollen información persoal do
usuario, esta información non ten porque ter fins malvados, ás veces trátase de
coñecer os gustos dos usuarios pero pode pasar a outras entidades sen
autorización.
·
Hijackers ou secuestradores, son programas que “secuestran” outros
programas para empregar os seus dereitos ou para modificar o seu comportamento
pódese dar que o secuestrador modifique a páxina de inicio dun navegador e
redireccione as páxinas de busca sen permiso do usuario.
Os hijackers poden descargarse con programas de licenza de shareware ou
freeware coa finalidade de facer publicidade do sitio web de descarga.
·
Hackers son expertos en informática que se plantexan retos
intelectuais,non teñen por qué pretender causar mal, existen empresas de
hacking ético ou white hacking que axudan a persoas e empresas. Tamén existen
black hackers, son persoas que atentan contra a seguridade de sistemas na rede
e lúcranse con elo.
·
Spam ou correo basura, son mensaxes de correo electrónico que
inundan a rede pretendendo vender produtos, ás veces non son legais. Envíanse
de forma masiva, un 80% do tráfico de correo, porque un de cada doce millóns
obtén unha resposta positiva.
·
Hoaxes, son cadeas de correo iniciadas por empresas para
poder recoller as direccións de correo electrónico de moitos dos usuarios e así
despois poder facer mailings, que son a súa vez spam, aprovéitanse da bondade,
da credulidade e da superstición das persoas, é unha práctica legal. A cadea
comeza cando unha empresa envía unha mensaxe do tipo “Búscase can”, “¡Coidado
virus perigoso!”... a millóns de direccións inventadas, así xa saben cales
existen e cales non. Algúns destes destinatarios reenvían o correo con boa fe e
así se forma a cadea, despois de moitos envíos o correo vólvelle chegar a
empresa con moitas direccións de correo que poderán empregar.
·
Phishing, é un delito informático de estafa que consiste en
adquirir información dun usuario (datos bancarios, contrasinais...) a través de
técnicas de engano para empregalos de forma fraudulenta, o seu nome alude ó
feito de pescar contrasinais, o exemplo máis habitual é o dun correo que chega
ó usuario suplantando unha comunicación dun banco que lle pide as súas
contrasinais de acceso baixo unha falsa ameaza de seguridade.
- ¿Con
qué ferramentas contamos para protexelo? Define cada un dos elementos de
prevención que podemos utilizar.
·
Antivirus, é un
programa que analiza as diferentes unidades e dispositivos e os datos entrantes
e saíntes revisando o código dos arquivos e buscando fragmentos de carácteres. Emprega
unha base de datos con cadeas de carácteres, características de distintos
virus, o antivirus pode detectar virus e ás veces identificalos aínda que a
creación de virus é rápida, sempre vai ir por diante dos antivirus pero podemos
estar tranquilos se temos un instalado e actualizado. O antivirus protexe
contra virus, troianos e vermes, moitos tamén inclúen antispyware e antispam.
·
Firewall, é un sistema de defensa que controla e
selecciona o tráfico de entrada e saída dunha rede. O firewall se configura
para que controle o tráfico dos portos xa que as conexións do noso ordenador
fanse a través deles, e nos mostre así alertas para pedir aprobación de calquera
programa que empregue conexión a Internet. Normalmente o firewall está incluído
no sistema operativo pero tamén existen outros de software libre ou de pago.
·
Proxy, é un software
instalado no PC que funciona como porta de entrada, pódense configurar como
firewall ou como limitador de páxinas web.
·
Usuarios e
contrasinais, poden axudar a protexer a seguridade nun arquivo, nunha
carpeta ou nun ordenador dentro dunha rede local ou en Internet . Recoméndase
que teña entre seis e oito carácteres para que non se poidan vulnerar
facilmente aínda que o nivel de seguridade é distinto na nosa clave de usuario
do ordenador que nun router Wi-Fi, por exemplo.
·
Criptografía,
é o cifrado de información para protexer arquivos, comunicacións e claves.
- Fai
unha lista dos síntomas que che poden indicar que o teu ordenador foi
infectado.
Los síntomas que poden indicar que o
ordenador foi infectado son: que os procesos se relenticen moito, que haxa unha
diminución do espazo do disco, que no navegador se engadan barras de búsqueda
que non se podan eliminar ou que apareza unha nova páxina de inicio, tamén
poden aparecer programas residentes descoñecidos, que vaia moi lenta a conexión
a Internet ou que se abran fiestras incluso estando cerrado o buscador.
- ¿Cales
son as medidas de protección que podemos tomar para utilizar con
seguridade o noso ordenador?
Facer copias de seguridade (backups)
do sistema que permitan restauralo se é necesario, ter actualizado o sistema
operativo, ter actualizado un programa antivirus e coñecer as súas funcións e
limitacións, revisar cada certo tempo os dispositivos introducidos no equipo,
estar atentos coas descargas gratuítas, ter coidado cando se configura o
firewall para permitir a comunicación de certos programas e prestar tamén
atención as descargas de arquivos con programas do tipo p2p xa que poden conter
virus.
- Explica
cales son as ameazas as que nos enfrontamos cando estamos utilizando
internet.
O acceso involuntario a información
ilegal ou prexudicial, o ciberbullying ou ciberacoso, a suplantación da
identidade, os roubos e as estafas, a perda de intimidade ou o dano que pode
sufrir a nosa imaxe e identidade.
- Fai un
resumo dos pasos que debes seguir para “circular en internet”
- Falar cos teus
pais para a navegación por Inernet, navegar cando haxa un adulto na casa.
Facer caso ós avisos de “Prohibido a menores” e empregar programas de
control parental.
- Non solicites
nin des por Internet información como contrasinais, números de teléfono,
direccións ou calquera outra información que poda identificarte e emprega
alias ou nicks que non conteñan a túa data de nacemento ou algún dato
sobre ti.
- Non te
relaciones con descoñecidos xa que non sempre sabemos quen está detrás da
pantalla, desconfía de quen queira saber demasiada información sobre ti.
- Non publiques
calquera foto túa e se o fas que sexa en sitios con acceso restrinxido que
non danen a túa imaxe e que non che causen repercusións no futuro e co
consentimento dos teus pais.
- Mantente ó día
coa tecnoloxía e limita o tempo para navegar por Internet.
- Non descargues
sen o consentimento dun adulto, poden ser ilegais ou ter contido non
apropiado. Non des o número da tarxeta de crédito.
- Se recibes
algo raro ou desagradable comunícao e denúnciao.
- Non des o teu
correo a calquera que cho pida, non respondas ó correo basura e non axudes
distribuír hoaxes.