
Abrimos a imaxe da casa rural e escribimos sobre o ceo "Casa rural", cambiamos o nome da capa por texto, e abrimos a imaxe da madeira e lle damos o botón dereito Editar - Copiar, imos a imaxe da casa rural e lle damos a Editar - Pegar, sobre esa capa lle cambiamos o nome por textura e coas ferramentas Mover e Escalar situamos a nova capa sobre o texto, imos a capa texto e pinchamos no botón dereito Alfa a selección, nos poñemos agora sobre a capa textura e imos a Seleccionar - Inverter e Editar - Limpar, despois imos a Seleccionar - Bordo e poñemos 1 pixel e os bordos difuminados e por último co pincel pintamos o seleccionado da cor que queiramos.
ACTIVIDADE 47

Abrimos a imaxe da libreta e coa ferramenta Clonar eliminamos o símbolo que aparece, abrimos a imaxe do oso e a pegamos na capa da libreta, seleccionamos a zona branca da foto coa ferramenta variña máxica e lle damos a Editar - Limpar, reducimos o tamaño da imaxe situándonos sobre esta e dándolle o botón dereito Escalar capa - 500 píxeles e coa ferramenta perspectiva situamos o oso na libreta e imos a Filtros - Artístico - Van Gogh e poñemos a capa en modo Luz suave e por último difuminamos os bordos coa goma de borrar, o pincel dos bordos difuminados e opacidade 50%.












