ACTIVIDADE 28
Creamos unha imaxe transparente de 500x200, a esta capa a nomeamos elipse 1 e dibuxamos nela un óvalo coa selección elíptica e o coloreamos de negro, duplicamos a capa, a que lle chamamos elipse 2, na capa elipse 1 imos a seleccionar - encoller - 10 píxeles e a editar - limpar e ocultamos a capa elipse 2 para observar como nos quedou o debuxo, escribimos dentro do oco que quedou baleiro a palabra Metalizado, combinamos a capa na que está escrita metalizado coa capa elipse 1, dándolle o botón dereito, combinar cara abaixo e imos a seleccionar- nada. Dámoslle a filtros - desenfocar - desenfoque Gaussiano (2), agora ocultamos a capa elipse 1 e activamos a capa elipse 2, nesta capa seleccionamos coa variña máxica a elipse a imos a editar - limpar. Dámoslle a ferramenta mestura e escollemos a gradación Golden, facemos varias liñas no óvalo e imos a filtros - mapa - mapa de relevo, cambiamos os valores que aparecen (o de nivel do mar non pode estar a 0). Este é o resultado.
ACTIVIDADE 29
Creamos unha imaxe branca de 500x200, escribimos o texto GIMP e duplicamos a capa (GIMP 2), na capa GIMP, imos a filtros - desenfoque - desenfoque gaussiano (20). Creamos unha nova capa (textura), enchemos a capa cun dos patróns (Rocks) e por último poñemos o modo da capa textura en pantalla.
ACTIVIDADE 30
Creamos unha imaxe negra de 500x200 e escribimos nela a palabra Vento, centrámola e a duplicamos (Vento 2). Na capa vento imos a filtros - distorsións - vento e modificamos, se queremos, os valores que aparecen, finalmente imos a filtros - desenfoque - desenfoque gaussiano.
ACTIVIDADE 31
Creamos unha imaxe transparente de 500x200, escribimos Básico I e imos a filtros - alfa a logo - Básico I, se queremos modificamos os valores que nos aparecen e este é o resultado.
Facemos o mesmo, pero en vez de darlle a Básico I lle damos a Glossy.
Repetimos o mesmo dándolle a Cool Metal.
Volvemos a facelo dándolle a Comic Book.
E o facemos tamén co efecto Frosty.








Ningún comentario:
Publicar un comentario