ACTIVIDADE 39
Abrimos a imaxe e creamos unha nova capa transparente sobre a que traballaremos, seleccionamos o pelo coas tesoiras máxicas e o pintamos co pincel da cor que queiramos e poñemos a capa en modo cor, se algun mechón de pelo se nos quedou sen pintar podeos cloanr o fondo coa ferramenta clonar.
ACTIVIDADE 40
Abrimos a imaxe, creamos unha nova capa transparente e situámonos nela, seleccionamos os ollos coas tesoiras máxicas, coa ferramenta Pincel pitamos os ollos da cor que queiramos e poñemos a capa en modo cor e cunha opacidade 70%. Este é o resultado.
ACTIVIDADE 41
Abrimos a imaxe da modelo e creamos unha capa transparente sobre a que nos situamos, seleccionamos a roupa da modelo coas tesoiras máxicas e abrimos a imaxe da flor, imos a ferramenta Pincel e lle damos o contagotas e clicamos na zona amarela da flor e pintamos o vestido, poñemos a capa en modo cor e este é o resultado.







Ningún comentario:
Publicar un comentario