xoves, 11 de xuño de 2015

GIMP

ACTIVIDADE 46
















Abrimos a imaxe da casa rural e escribimos sobre o ceo "Casa rural", cambiamos o nome da capa por texto, e abrimos a imaxe da madeira e lle damos o botón dereito Editar - Copiar, imos a imaxe da casa rural e lle damos a Editar - Pegar, sobre esa capa lle cambiamos o nome por textura e coas ferramentas Mover e Escalar situamos a nova capa sobre o texto, imos a capa texto e pinchamos no botón dereito Alfa a selección, nos poñemos agora sobre a capa textura e imos a Seleccionar - Inverter e Editar - Limpar, despois imos a Seleccionar - Bordo e poñemos 1 pixel e os bordos difuminados e por último co pincel pintamos o seleccionado da cor que queiramos.

















ACTIVIDADE 47














Abrimos a imaxe da libreta e coa ferramenta Clonar eliminamos o símbolo que aparece, abrimos a imaxe do oso e a pegamos na capa da libreta, seleccionamos a zona branca da foto coa ferramenta variña máxica e lle damos a Editar - Limpar, reducimos o tamaño da imaxe situándonos sobre esta e dándolle o botón dereito Escalar capa - 500 píxeles e coa ferramenta perspectiva situamos o oso na libreta e imos a Filtros - Artístico - Van Gogh e poñemos a capa en modo Luz suave e por último difuminamos os bordos coa goma de borrar, o pincel dos bordos difuminados e opacidade 50%.




mércores, 10 de xuño de 2015

GIMP

ACTIVIDADE NENOS PRAIA














Abrimos a capa e facemos dúas transparentes, movemos a foto para que quede no medio das dúas transparentes. Na capa transparente superior coa ferramenta de crear rectángulo creamos un rectángulo e o pintamos de branco e imos a Seleccionar - Encoller - 20 píxeles e Editar - Cortar. Seleccionamos o marco coa ferramenta de selección difusa (variña máxica) e coa ferramenta persopectiva acomodamos o marco e imos a Desenfoque - Desenfoque gaussiano (2 píxeles). Engadimos máscara de capa na capa do marco e na capa da foto indo a Capa - Máscara - Engadir máscara de capa e eliminamos as zonas do marco que non nos interersan pintando cun pincel negro . Seleccionamos a capa da foto, coa ferramenta de selección libre seleccionamos o contorno e imos a Seleccionar - Inverter pintamos para quenos quede a capa transparente e por último nos situamos na última capa transparente e pintamos da cor que queiramos.


mércores, 3 de xuño de 2015

GIMP

NENO METIDO NUNHA CAIXA














Abrimos a imaxe do neno e a duplicamos, traballaremos sobre esta capa duplicada, imos a Cores - Desaturar, agora temos que situarnos sobre a capa e clicar no botón dereito e en Engadir máscara de capa e dentro desta opción lle damos a Branco (opacidade total), dámoslle a ferramenta pincel e escollemos un cos extremos suavizados e por último coloreamos o gorro do neno.


luns, 1 de xuño de 2015

GIMP

ACTIVIDADE 42














Abrimos a imaxe e imos a Capa - Transparencia - Engadir canle alfa e coa ferramenta da variña máxica seleccionamos o contorno branco e imos a Editar - Limpar e Selección - Nada, duplicamos a capa e situámonos na nova capa e seleccionamos o billete coa variña máxica e coa lata de pintura,  fixándonos en que este en enchemento completo da selección, enchemos o seleccionado de negroe poñemos a capa copiada debaixo da capa Fondo e nos situamos sobre esta última e imos a Capa - Transformar - Desprazamento e poñemos os niveis en x=40 e y=-40 píxeles e clicamos en desprazamento. Situámonos na capa copiada e imos a Desenfocar - Desenfoque Gaussiano e poñemos os valores en 10 e en IIR e por último repetimos o filtro varias veces indo a Filtros - Repetir Desenfoque Gaussiano














ACTIVIDADE 43

Creamos unha imaxe de 200x200 branca e nela debuxamos varias liñas vertiais en cor negra e de deiferentes tamaños e imos a Filtros - Distorsións - Coordenadas polares e creamos unha nova capa de 200x200 branca a que chamaremos desenfoque a enchemos coa cor que queiramos e no modo da capa poñemos adición.














ACTIVIDADE 45

















Abrimos a imaxe e duplicamos a capa e nos situamos sobre a copia e lle damos o botón dereito - capa - transparencia - engadir canle alfa. Coa ferramenta clonar eliminamos os dous elementos que aparecen na foto e imos a Filtros - Detectar bordos - Neón, coa ferramenta Seleccionar a través da cor pinchamos nun punto negro da imaxe e imos a Editar - Limpar e Seleccionar - Nada e por último lle damos sobre a foto o botón dereito do rato e a Capa - Transparencia - Eliminar canle alfa. Este é o resultado.


xoves, 28 de maio de 2015

GIMP

ACTIVIDADE 39





















Abrimos a imaxe e creamos unha nova capa transparente sobre a que traballaremos, seleccionamos o pelo coas tesoiras máxicas e o pintamos co pincel da cor que queiramos e poñemos a capa en modo cor, se algun mechón de pelo se nos quedou sen pintar podeos cloanr o fondo coa ferramenta clonar.






















ACTIVIDADE 40






















Abrimos a imaxe, creamos unha nova capa transparente e situámonos nela, seleccionamos os ollos coas tesoiras máxicas, coa ferramenta Pincel pitamos os ollos da cor que queiramos e poñemos a capa en modo cor e cunha opacidade 70%. Este é o resultado.





















ACTIVIDADE 41






























Abrimos a imaxe da modelo e creamos unha capa transparente sobre a que nos situamos, seleccionamos a roupa da modelo coas tesoiras máxicas e abrimos a imaxe da flor, imos a ferramenta Pincel e lle damos o contagotas e clicamos na zona amarela da flor e pintamos o vestido, poñemos a capa en modo cor e este é o resultado.






















mércores, 27 de maio de 2015

GIMP

ACTIVIDADE 34
















Seleccionamos a flor coas tesoiras máxicas, imos a seleccionar - invertir e a cores - reducir saturación, despois imos a filtros - desenfocar - desenfoque en movemento, e nas opcións que nos aparecen escollemos radial de ángulo 25 e por útimo imos a seleccionar - nada.


















ACTIVIDADE 36














Abrimos a imaxe e a duplicamos catro veces (dobrar, mosaico, ondas e artístico), situámonos na capa dobrar e ocultamos todas aas demais e imos a filtro - Distorsións - Dobrar curva e modificamos os valores que nos aparecen. Agora nos situamos sobre a capa mosaico e ocultamos todas as demais, imos a filtro - Distorsións - Mosaico e modificamos os valores que nos aparecen. Nos situamos na capa ondas e facemos que sexa a única visible, seleccionamos a rúa e imos a filtro - Distorsións - Ondas e por último imos a capa artístico e aplicamos o filtro Artístico - GIMpresionista - Patchwork.


luns, 25 de maio de 2015

GIMP

ACTIVIDADE 32







Abrimos a imaxe da gaivota, a seleccionamos coa ferramenta das tesoiras máxicas e lle damos a seleccionar - inverter e editar - limpar e gardamos a imaxe. Abrimos a imaxe do coche e en ficheiro - abrir como capas, abrimos a imaxe da gaivota, situámonos na capa da gaivota e lle damos o botón dereito - transparencia - engadir canle alfa, despois imos a imaxe - escalar e a escalamos a 200x299, ocultamos a capa fondo e volvemos a seleccionar a gaivota coas tesoiras máxicas e imos a seleccionar - inverter e editar - limpar, facemos visible a capa fondo e escalamos a imaxe da gaivota poñéndonos enriba e clicando no botón dereito, escalar imaxe e escollemos os valores adecuados para que a imaxe quede realista, a situamos a gaivota sobre o capó do coche e por último combinamos as dúas capas no botón dereito.



















ACTIVIDADE 33















Dámoslle a ferramenta clonar, pulsamos a tecla Control (Ctrl) e pinchamos co rato na zona que queremos clonar, mantendo o botón esquerdo pulsado pintamos a sombra e este é o resultado.



domingo, 24 de maio de 2015

GIMP

ACTIVIDADE 28

Creamos unha imaxe transparente de 500x200, a esta capa a nomeamos elipse 1 e dibuxamos nela un óvalo coa selección elíptica e o coloreamos de negro, duplicamos a capa, a que lle chamamos elipse 2, na capa elipse 1 imos a seleccionar - encoller - 10 píxeles e a editar - limpar e ocultamos a capa elipse 2 para observar como nos quedou o debuxo, escribimos dentro do oco que quedou baleiro a palabra Metalizado, combinamos a capa na que está escrita metalizado coa capa elipse 1, dándolle o botón dereito, combinar cara abaixo e imos a seleccionar- nada. Dámoslle a filtros - desenfocar - desenfoque Gaussiano (2), agora ocultamos a capa elipse 1 e activamos a capa elipse 2, nesta capa seleccionamos coa variña máxica a elipse a imos a editar - limpar. Dámoslle a ferramenta mestura e escollemos a gradación Golden, facemos varias liñas no óvalo e imos a filtros - mapa - mapa de relevo, cambiamos os valores que aparecen (o de nivel do mar non pode estar a 0). Este é o resultado.











ACTIVIDADE 29

Creamos unha imaxe branca de 500x200, escribimos o texto GIMP e duplicamos a capa (GIMP 2), na capa GIMP, imos a filtros - desenfoque - desenfoque gaussiano (20). Creamos unha nova capa (textura), enchemos a capa cun dos patróns (Rocks) e por último poñemos o modo da capa textura en pantalla.











ACTIVIDADE 30

Creamos unha imaxe negra de 500x200 e escribimos nela a palabra Vento, centrámola e a duplicamos (Vento 2). Na capa vento imos a filtros - distorsións - vento e modificamos, se queremos, os valores que aparecen, finalmente imos a filtros - desenfoque - desenfoque gaussiano.










ACTIVIDADE 31

Creamos unha imaxe transparente de 500x200, escribimos Básico I e imos a filtros - alfa a logo - Básico I, se queremos modificamos os valores que nos aparecen e este é o resultado.








Facemos o mesmo, pero en vez de darlle a Básico I lle damos a Glossy.








Repetimos o mesmo dándolle a Cool Metal.













Volvemos a facelo dándolle a Comic Book.








E o facemos tamén co efecto Frosty.



venres, 22 de maio de 2015

GIMP

ACTIVIDADE 25




















Seleccionamos a ferramenta perspectiva e sinalamos a opción correctivo (atrás), movemos os cadriños rodeando o lienzo, lle damos a transformar e este é o resultado.





















ACTIVIDADE 26





























ACTIVIDADE 27






















domingo, 17 de maio de 2015

GIMP. Preparar unha foto para imprimir.

Preparar unha foto para imprimir
















Dámoslle á ferramenta rectángulo e seleccionamos un rectángulo calquera na foto, onde pon tamaño cambiamos os píxeles por centímetros e marcamos 30x20 cm, activamos a opción de resaltado e seleccionamos, en guías, líneas medias, despois imos a imaxe - recortar á selección, posteriormente lle dámos a imaxe - escalar a imaxe, cambiamos os píxeles por centímetros e poñemos 15x10 e poñemos a resolución a 300, para mellorar a escuridade da imaxe duplicamos a capa e onde pon modo normal, poñemos modo pantalla e para reducir un pouco a luz poñemos a opacidade a 50. Este é o resultado.


xoves, 14 de maio de 2015

GIMP

ACTIVIDADE 21
















Seleccionamos a ferramenta tesoira, vamos poñendo puntos arredor de todas as follas, unimos o primeiro punto co último e lle dámos a enter, despois a seleccionar - inverter e a editar - limpar e por último capa - transparencia - color alfa, seleccionamos a capa e lle damos a editar - limpar

O resultado é este.















ACTIVIDADE 22













Imos a seleccionar - activar máscara rápida, borramos o ceo coa goma de borrar, se nos pasamos pintamos o borrado co pincel, agora imos a seleccionar - desactivar máscara rápida e o ceo queda seleccionado e coa lata de pintura pintamos cun patrón o ceo (sky). Finalmente, este é o resultado.












ACTIVIDADE 24
















Duplicamos a capa e será nesta sobre a que traballemos, movemos as liñas que están na zona esquerda da pantalla e as colocamos nos dous lados do monumento, engadimos tamén dúas horizontais, dámoslle ao icono de perspectiva, pinchamos nun punto da imaxe, e estiramos a imaxe polos extremos superiores para endereitala e lle dámos a transformar e por último dámoslle a imaxe - guías - eliminar tódalas guías. Este é o resultado.